O BNG reflexiona sobre o frustrado proceso de reforma estatutaria

    charlabngestatuto_100_140307.jpgVILAGARCÍA > O BNG reflexionou en Vilagarcía sobre o frustrado proceso de reforma do Estatuto de Galicia e as causas …

    … polas que iso aconteceu. O acto celebrouse no Auditorio Municipal, coas intervencións do responsable comarcal no Salnés, Duarte Correa, e posteriormente do deputado Bieito Lobeira.

    Fracasadas as negociacións para modificar o Estatuto de Galicia, o BNG está a retomar o diálogo coa sociedade, porque considera que hai que seguir traballando para modificar as condicións que fixeron imposible iniciar a reforma. E iso foi o que fixeron onte en Vilagarcía.

    charlabngestatuto_200_140307.jpgO responsable comarcal do BNG, Duarte Correa, resaltou a necesidade que ten Galicia de avanzar na reforma estatutaria e conseguir un maior autogoberno. Correa nomeou o caso do Ostedjik, no que veu incompetencia por parte das autoridades de Salvamento Marítimo, competencia do Estado español. Tamén falou da imposibilidade de que os estaleiros da antiga Astano poidan construír barcos. Para Correa son dous exemplos da necesidade de avanzar na reforma do estatuto. O coordinador comarcal criticou que PSOE e PP estean máis pendentes do que digan os seus partidos en Madrid que das problemáticas de Galicia.

    Pola súa banda, Bieito Lobeira, afondou nas causas do fracaso da negociación entre os tres grandes partidos políticos para levar adiante a reforma estatutaria. Ademais, destacou que o BNG foi quen mostrou máis interese, ó ser a única forza política que presentou unha alternativa de novo Estatuto, cun texto completo e articulado.

    Redacción Salnés