Martín Códax pon banda sonora aos xoves do verán

    CAMBADOS> Os “Xoves de Códax” volven á adega cambadesa. Martín Códax presentou a terceira edición do seu ciclo de concertos, que este ano chega con tinguidura solidaria.

     

    Martín Códax volve encher de música os xoves do verán.

    A súa terraza volverá servir de escenario para “Os Xoves de Códax”, que na súa terceira edición chega cheo de novidades. Ademais dun cartel no que se mesturan diferentes estilos, o ciclo será este ano máis solidario.

    As entradas terán un custo de cinco euros, e os concertos arrancarán o vindeiro 3 de xullo, con Kepa Junquera e Xabier Díaz como os encargados de abrir a tempada.

    Narf, Iria Peña, Santiago Auserón e Sés ou The Lákazans, son outros dos nomes que porán banda sonora aos xoves de xullo e agosto. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/30/ptac_xoves_codax.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/30/ptac_xoves_codax.mp4{/flowplayer}