
O GROVE> A Mancomunidade do Salnés loce os seus encantos ante os touroperadores rusos. Seis prescriptores coñeceron de primeira man todos os concellos da zona, coa intención de que despois a vendan como destino para os seus clientes en Rusia. Unha vez máis, natureza, gastronomía e cultura conquistaron os visitantes, que destacaron a excelencia do que puideron coñecer na comarca.
O Salnés segue despregando os seus encantos para conquistar o turista estranxeiro. Un pequeno grupo de touroperadores volveu percorrer a comarca, desta volta chegados de Rusia.
Esta percepción é a que a Mancomunidade busca que os touroperadores trasladen aos seus clientes. Que fagan de ponte para atraer os seus compatriotas cara O Salnés.
Segundo os propios touroperadores, a experiencia foi inmellorable. Marchan conquistados pola cultura, a historia e as xentes da zona, pola súa hospitalidade. Tamén gratamente sorprendidos coa natureza e a gastronomía.
Percorreron todos os concellos do Salnés. Puntos emblemáticos como o Mosteiro da Armenteira, o Pazo de Rubiáns ou a Ruta dos Muíños, e visitaron o porto deportivo de Sanxenxo ou a Illa de Arousa. Deixaron tamén consellos para posibles melloras, redondeado o produto que ofrecer ao visitante.
Dende a Mancomunidade están máis que satisfeitos co éxito destas iniciativas. Hai unha semana despedían un grupo de touroperadores mexicanos, canadenses e israelís, e hoxe estaba prevista a chegada de prescriptores británicos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/29/touroperadores_rusos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/29/touroperadores_rusos.mp4{/flowplayer}








