O Tren da Lingua promociona o galego e a lectura entre os nenos do Salnés

    xurxoalonso_100_210307.jpgVILAGARCIA > Douscentos cativos do Salnés participarán durante estas vindeiras semanas no Tren da Lingua Caixanova. Con esta iniciativa

    …preténdese fomentar o uso do galego entre os máis cativos, ofrecerlle-la oportunidade de viaxar en tren e potenciar o coñecemento de Galicia. Na primeira viaxe que saíu esta mañá de Vilagarcía o artista Xurxo Alonso participou como maestro de cerimonias.

    O Tren da Lingua Caixanova partiu esta mañá da estación de Ferrocarril de Vilagarcía cara a Santiago con douscentos nenos a bordo. Os cativos realizaron unha viaxe moi especial na que tiveron a oportunidade de desfrutar de contacontos e actividades lúdicas exclusivamente en galego.trendalingua_200_210307.jpg

    Contaminación

    Esa é unha das finalidades desta actividade organizada pola entidade bancaria para nenos de 5 a 8 anos. As outras, que dende as fiestras poidan descobrir as paisaxes galegas facilitar a que para algúns era a súa primeira viaxe en tren, e fomentar o uso dun dos transportes menos contaminantes.

    Nesta primeira viaxe os cativos contaron coa presenza dun recoñecido pintor e poeta da cidade, Xurxo Alonso, que lles explicou o que ían atopar durante a súa viaxe e lles leu uns poemas sobre o tren. Logo partiron cara Santiago en compañía de Piter e Lolo, os dous animadores da viaxe. Nesta ocasión participaron nenos do Colexios A torre de A Illa, a Lomba e Sagrada Familia de Vilagarcía, e Xulio Camba e San Bartolomé de Vilanova. Nas vindeiras semanas participarán 600 nenos máis de todo o Salnés.

    Redacción Salnés