O orzamento da Deputación 2015 sitúase nos 145 millóns

    PONTEVEDRA> O orzamento da Deputación de Pontevedra para o vindeiro ano experimentará unha lixeira baixa. Con todo, situarase no entorno dos 145 millóns de euros, que irán destinados, principalmente á creación de emprego e ó apoio ós Concellos.

    A creación de emprego e o apoio ós Concellos da Provincia de Pontevedra serán os dous eixes vertebradores do orzamento da Deputación Provincial para o vindeiro exercicio 2015. Un documento económico que rexistrará unha lixeira baixa respecto á presente anualidade. Con estes cartos, a Deputación intentará facilitar uns 3.000 novos contratos durante o vindeiro exercicio, destinados, principalmente para soster os servicios e infraestructuras dos municipios da provincia. A Deputación continuará asemade con proxectos actuais como a construcción do viveiro de empresas en Lalín ou no polígono de Barro- Meis ou a posta en marcha do servizo provincial de recollida e tratamento de residuos. Neste senso, queda pendente de investir unha partida de millón e medio de euros dos orzamentos deste ano, que ate o de agora non se puidera investir por carecer das autorizacións de patrimonio. Unha vez que se consigan, rehabilitaranse os edificios do Museo arestora deteriorados.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/orzamentos_deputacion.mp4{/flowplayer}