Teresa Casal aposta por unha lista con experiencia e critica a Telmo Martín

    casaltourio_26.03.07__100.jpgPONTEVEDRA > Os socialistas de Pontevedra con Teresa Casal ó fronte e arroupados polo presidente

     

     

    …da Xunta, Emilio Pérez Touriño presentaron a candidatura do PSOE na cidade do Lérez. Casal recordou a importancia da participación cidadán e arremeteu contra o candidato do PP, Telmo Martín. A líder dos socialistas pontevedreses apelou a experiencia da súa lista como un dos valores da súa candidatura. Un grupo de persoas onda hai tantas mulleres como homes e que, segundo á candidata, trátase dunha lista gañadora. Teresa Casal comentou as liñas xerais do seu programa e ridiculizou a candidatura de Telmo Martín quen foi blanco dos comentarios da aspirante socialista.

    Teresa Casal lembrou á falta de diálogo dos últimos anos en Pontevedra e suliñou que bota de menos a participación cidadán no día a día da capital. A continuación a aspirante á alcaldía nomeou a tódolos integrantes da súa lista.

    Os socialistas estiveron apoiados neste acto polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. O líder dos socialista galegos asegurou que Teresa Casal é a persoa adecuada para gobernar Pontevedra.Ademais, Touriño reafirmou a vontade de dos tres gobernos, central, autonómico e municipal de colaborar para conseguir de Pontevedra a mellor cidade de Galicia. Unha capital de provincia a que, segundo o presidente da Xunta, necesita ‘menos moqueta, máis barrio e máis vivenda’.

    Redacción Salnés