A conselleíra do Mar destaca a capacidade de traballo de Congalsa

     POBRA> Rosa Quintana visitaba as instalacións da compañía no polígono da Tomada que no último ano incrementou a súa facturación nun 8%.

    {flowplayer}barbanza/visitacongalsa.flv{/flowplayer}

    Rosa Quintana tivo ocasión de coñecer máis de preto as liñas de procesado e transformación desta factoría ubicada no polígono da Tomada. O importante investimento realizado na implantación dos sistemas tecnolóxicos máis avanzados e a confianza de Mercadona da que é proveedor permitiulle a Congalsa incrementar a súa facturación nun oito por cento. Ademais no último ano a empresa ten ampliado a súa oferta con novos produtos.

    Aposta pola innovación

    A conselleira destacou a importancia de seguir a promover liñas de axuda para a innovación tecnolóxica. Este ano, a Xunta de Galicia destinará 21 millóns de euros a este fin. Nos mesmos termos pronunciouse o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, quen destacou a aposta de Congalsa pola creación de emprego e a excelencia como principal valor.

    Redacción Barbanza