Esta medianoite reabriuse completamente ó tráfico a Vía do Salnés

    mariajosecaride_100_260307.jpgMEIS > Esta medianoite entrou en servizo completamente a Vía do Salnés. Así o asegurou a…

    … conselleira de Política Territorial, María José Caride, ó tempo que recordou que continúan as obras de desdobramento, polo que pediu prudencia ó volante. Caride agradeceu a paciencia dos veciños do Salnés durante os catro meses que permaneceu cortada a vía.

    As 12 na noite de onte foi a hora estipulada pola consellería de Política territorial para reabrir ó tráfico a totalidade da Vía rápida Do salnés. Así o asegurou a súa titular, María José Caride, durante a visita que realizou para revisar a marcha das obras. Caride mostrouse satisfeita por ter cumpridos os prazos que marcara o goberno da Xunta, de reabri-la totalidade ods 17 quilometros da estrada antes da Semana Santa.

    tubosviarapida_200_260307.jpgA conselleira agradeceu a dispoñibilidade dos veciños do Salnés e a súa paciencia durante os catro meses que duraron as obras de susbtitución dos tubos de drenaxe de chapa galvanizada por outros de formigón armado de maior capacidade. María José Caride segurou que esta substitución era necesaria para garantir a seguridade dos usuarios da vía, e que trátase dun feito excepcional porque tamén o uso destes tubos de chapa galvanizada en todolos tramos da via rápida foi un feito excepcional do que pedirá explicacións ó Partido Popular.

    Precaución

    Caride tamén salientou as actuación levadas a cabo de xeito paralelo á reparación da Vía Rápida do Salnés, como é a adecuación das vías alternativas de circulación en todo o Salnés, cun investimento de 3 millóns de euros. A conselleira tamén recalcou que aínda que a Vía Rápida xa se atope en condicións de uso, os conductores deberán de ser extremadamente prudentes porque continúan as obras de desdobramento que teñen previsto rematar nestas mesmas datas do vindeiro ano.

    Redacción Salnés