Angueira aspira a seguir gobernando pero xa con maioría absoluta

    presentacionangueira100_300307.jpgPONTECESURES > Paciencia e perseveranza. Son as características que máis se destacaron onte á noite do alcalde na súa presentación como candidato

    … do BNG. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asegurou que Luís Álvarez Angueira tivo que ter moita paciencia para aguantar o que aguantou, cunha oposición que ambos cualificaron de irresponsable e destructiva.

    presentacionangueira200_300307.jpgO BNG aspira en Pontecesures a seguir gobernando pero xa con maioría absoluta. E como candidato á alcaldía repite Luís Álvarez Angueira. Na súa presentación oficial contou co apoio do voceiro nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Despois de 16 anos dedicados á corporación municipal, 8 desde a oposición e outros 8 desde o goberno, Quintana considera que Angueira demostrou que ten tres características precisas para ser e seguir sendo un bo alcalde: quererlle ó seu pobo, estar disposto a traballar por el e paciencia e perseveranza, neste caso ante unha oposición hostil.

    O candidato á alcaldía cesureña lamentou a falta de apoio e de respecto institucional que tivo a oposición nestas dúas lexislaturas de goberno en minoría. Segundo lembrou, esta falta de apoio freou proxectos como o centro de día, a depuradora ou a área industrial e residencial, e iso que contan con apoio da Xunta. O BNG non quere que se repita isto na vindeira lexislatura e por iso piden o apoio dos veciños para ter maioría absoluta e poder desenvolver o seu proxecto de goberno. Luís Álvarez Angueira pechou o acto presentando ás persoas que o acompañan nesta nova aventura electoral. Un grupo de xente interesada en traballar, tal como o definiu, e integrado por 20 persoas.

    Redacción Salnés