Catro arousáns enfróntase a penas de entre 6 e 4 anos de cadea por tráfico de drogas

    PONTEVEDRA> Catro veciños do Salnés sentaron esta mañá na bancada da Audiencia provincial acusados dun delito de tráfico de drogas. Entre eles está Raúl Francisco Bóveda, arousán con antecedentes para o que a fiscalía pide unha condena de seis anos de prisión. O xuízo fora aprazado no mes de decembro.

     

    Despois do aprazamento do mes de decembro, os catro acusados, veciños do Salnés, volveron sentar na bancada. O Fiscal acúsaos dun delito de tráfico de drogas, concretamente da venda de cocaína e heroína.

    Entre eles está Raúl Francisco Bóveda, arousán con antecedentes penais por tráfico despois de que no 2007 fora descuberto con 200 gramos de cocaína na Illa de Arousa.

    Segundo o fiscal, o 28 de maio de 2010, Bóveda fixo de intermediario para a venda de heroína a un home coñecido como Suso de Boiro. O suposto subministrador, Juan Fernández Corbacho, alias Tío Baque, de 43 anos e sen antecedentes, tamén está entre os acusados neste proceso. 

    A segunda das operacións foi un intento de envío de drogas a Lugo. Neste caso, Bóveda contaría cos outros dous acusados, Benito Lemos e Manuel Tomás Loureiro. Loureiro negou coñecer o obxectivo desta viaxe.

    Os catro negáronse a responder ás preguntas do fiscal, e só atenderon as cuestións dos seus avogados, que pediron á xuíza a nulidade do proceso. Insistiron en que durante a investigación se violaran varios dereitos fundamentais dos seus clientes, e en que moitas probas foran recabadas de xeito ilegal.

    Para Raúl Bóveda, o fiscal pide 6 anos de prisión, mentres que no caso de Manuel Tomás Loureiro rebaixou a petición dos 6 iniciais aos 4 e medio. Para os outros dous acusados, reduciríase ata os 4 anos de cadea.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/12/xuizo_narcotrafico_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/12/xuizo_narcotrafico_salnes.mp4{/flowplayer} 

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí