Industria financiará con 60 mil euros a continuación da galería de arte aberta

    galeriaarteaberta_100_030407.jpgRIANXO > O executivo local asinou un convenio coa Dirección Xeral de Turismo para poñer en marcha a segunda fase da galería de arte aberta á ría de Arousa.

    O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, amosou a súa ledicia polo convenio asinado coa Dirección Xeral de Turismo, dependente da Consellería de Industria, que permitirá con 60 mil euros a continuidade deste interesante proxecto cultural como é a galería de arte aberta á ría xa iniciado anteriorente no paseo da Ribeira

    Segundo sinalou o rexedor rianxeiro os traballos de adecuación para a posterior instalación das 16 esculturas dará comezo nas próximas semanas, co fin de que a actuación no seu conxunto estea rematada a finais de outubro.

    Turismo cultural

    O proxecto ten como obxectivo fundamental a promoción e a difusión da riqueza cultural e turística da localidade. As obras que se instalarán ó longo do paseo entre Setefogas e a praia da Torre serán catro monolitos, que representará a cada un dos principais escritores da localidade: Castelao, Manuel Antonio, Rafael Dieste e Brea Segade. Ó longo do paseo tamén haberá mesas interpretativas de diferentes temas coma o marisqueo, a pesca, a carpintería de ribeira ou mesmo a fauna e a flora, onde se instalarán paneis explicativos de cada unha das cousas. O proxecto prevé tamén a construción dunha réplica en bronce do que foi o Castelo da Lúa, que se instalará nas inmediacións das actuais ruínas da fortaleza.

    Redacción Barbanza