Comeza a conta atrás para a festa da lamprea de Pontecesures

    lamprea_2007_030407__100.jpgPONTECESURES > Pontecesures prepárase para vivir a duodécima edición da festa da lamprea.

    O próximo día 15 de abril será o centro das celebracións pero xa dende o día 12 comezaran diversos actos que serán a antesala deste evento. O alcalde de Pontecesures, Manuel Luís Álvarez Angueira, presentou a edición número doce da festa da lamprea da vila e o programa de actos que farán as ledicias de aqueles que queiran participar nesta iniciativa. O día grande da lamprea será o próximo 15 de abril.

    O discurso de apertura correrá a cargo de Jorge Miro, unha coñecida cara da TVG polas súas colaboracións en programas da televisión autonómica. Ademais os pasa rúas e os animadores irán quentando o ambiente. Unha expo-venda de coche antigos será o acto que preceda a degustación da lamprea. Case 100 ración e 300 lampreas estará á disposición daqueles que se queiran achegar a Pontecesures.

     Aqueles que lles guste a lamprea poderán gozar dela, como non podía ser de outra maneira , á bordelesa, é dicir, con arroz e tropezóns. O prezo por ración será de 12 euros. Durante as xornadas previas á festa, se presentará a páxina web do concello e haberá espectáculos interactivos para nenos. Os conta contos o castelo do sons que contará con teatro, imaxinación e malabares. O rock, o blues ou o funky tamén terá un lugar privilexiado nestes días de festa.

    Redacción Salnés