Telmo Martín celebra cos traballadores o 30 aniversario de Hierros Santa Cruz

    ceahierrosstacruz_100_030407.jpgMEAÑO > O presidente de Hierros Santa Cruz, celebrou cunha cea o 30 aniversario da empresa da que xa é socio único.

    Máis de 270 persoas se reuniron na noite do sábdo na adega Agnus Dei para participar nunha cea organizada polo presidente do grupo Martín Táboas, na que se inclúen as empresas Hierros Santa Cruz de Castrelo e Padrón. O propio presidente, acompañado de toda a súa familia recibiu ós convidados na porta da adega.

    ceahierrosstacruz_200_030407__still_003.jpgTralos aperitivos, deu comezo o xantar e foi nos postres cando chegou o momento máis emotivo da noite. O presidente do grupo explicoulle ós traballadores de Hierros Santa Cruz o motivo desta cita e tamén os proxectos de futuro do grupo, que pasan pola construcción dunha nova fábrica que deixaría a actual de Castrelo como almacén. A incorporación de mulleres, e os cambios provocados pola finalización dos fondos estructurais son outros dos retos que se marca o grupo Martín Táboas, que leva os apelidos do propio presidente, Telmo Martín, e da súa muller, a quen lle agradeceu o apoio prestado durante estes anos.

    avelinaceahierrosstacruz_200_030407__still_004.jpgPero o presidente tamén tivo palabras de agradecemento para a súa filla, Nuria, e para os seus pais, que o acompañaron na cea e seguiron con atención todo o acto e tamén a entrega de recoñecementos ós traballadores que levan máis tempo na empresa: José Esperón, Alberto Agís e Ernesto Fernández, a quen lles agradeceu a súa labor durante estes anos cun reloxio. O mesmo agasallo recibiu Avelina de Jesús, que, con menos anos en Hierros Santa Cruz, acaba de xubilarse.

    A continuación o presidente da empresa agasallou a 15 traballadores cunha viaxe dunha semana a Tenerife para dúas persoas con tódolos gastos pagados. O sorteo xerou unha gran expectación e moita alegría entre os gañadores. O resto tamén levaron un recordo desta noite. As mulleres un colgante de Sargadelos e os homes un reloxio. Pero non foi todo.

    Os traballadores de Hierros Santa Cruz tamén quixeron recoñece-la labor de Telmo Martín, a quen lle entregaron por sorpresa dúas esculturas do artista Francisco Pazos. Fíxoo, visiblemente emocionado e nervoso, o xerente da empresa, que relatou algunhas anécdotas destes anos. E tralos recoñecementos, a festa continuou ata ben entrada a madrugada.

    Redacción Salnés