LOUSAME> A Deputación da Coruña vén de aprobar un convenio co concello de Lousame para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol Cabanetán. A través dunha subvención nominativa, investirá 165 mil euros na mellora desta instalación deportiva.
O pleno da Deputación da Coruña aprobaba o pasado venres o convenio co concello de Lousame para a substitución do céspede artificial no campo de fútbol de Cabanetán. Trátase dunha actuación moi necesaria ante o mal estado que presentaba o terreo de xogo e que finalmente, tras sufrir varias demoras, poderá executarse con cargo a esta subvención nominativa.
Os membros da directiva do Lesende Club de Fútbol acolleron con gran satisfacción este acordo para contar cun campo en condicións que permita a práctica deportiva garantindo a continuidade do club.
Dende a agrupación local do BNG instan ó goberno local a axilizar os prazos para a licitación da obra de xeito que a instalación poida estar en uso canto antes,











