Veciños Independentes da Pobra urxe o arranxo da estrada de Tarrío a Rego

A POBRA> Veciños independentes da Pobra denuncia a falla de mantemento da estrada entre Tarrío e o Lugar do Rego. Piden que se acometan melloras tanto nesta vía como na próxima rúa da Atalaia, así como a limpeza de cunetas en todo o rural..

Off

O mal estado da estrada entre Tarrío e o Rego motivou as queixas da formación Veciños Independentes da Pobra que acudiron ó pleno do pasado xoves para interpelar ó goberno sobre as posibles actuacións de mellora previstas. Consideran que non é de recibo que non haxa aínda unha data prevista para o arranxo desta estrada que presenta gran cantidade de tráfico con risco para conductores e peóns.

Inserto

Ademais da solicitude de arranxo desta estrada demandan tamén a mellora na próxima rúa da Atalaia, que conecta coa AC-302, así como a limpeza das cunetas non só nesta zona senón en todo o rural.

Inserto

Dende Vips lembran que xa é a segunda vez que solictan esta actuación polo que, de non obter resposta, non descartan acudir ó Valedor do Pobo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí