Delfín Fernández: ‘Mentres haxa mortos non se pode estar satisfeito’

    balancetrafico100_100407__still_001.jpgPONTEVEDRA > ‘Mentres haxa mortos non se pode estar satisfeito’. Así reflexionaba hoxe o subdelegado do Goberno en Pontevedra, …

    … Delfín Fernández, ó tempo que facía balance da Operación Especial de Tráfico de Semana Santa. Este ano houbo nas vías interurbanas 37 accidentes con víctimas e dous mortos. Unhas cifras que distan moito dos 63 accidentes e 9 mortos na Semana Santa de 2006.

    accidenteviasalnes2006_200_100407.jpgNa nosa mente aínda permanecen imaxes coma esta, vivida na Semana Santa do ano pasado na Vía do Salnés. O balance daquel período foi na provincia de Pontevedra de 63 accidentes con víctimas e 9 mortos, cinco deles só neste sinistro. Este ano, o balance segue ofrecendo mortos, pero as cifras diminuíron considerablemente. 37 accidentes con víctimas e só 2 mortos, un deles no sinistro de Baión, en Vilanova a pasada semana.

    ‘Esta debe ser a liña a seguir’, indicou a xefa provincial de Tráfico en Pontevedra, María Victoria Gómez. Sen embargo, para o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, ‘mentres haxa mortos non poden estar satisfeitos’. Iso si, celebra que esta Semana Santa fose menos tráxica que a do ano pasado e felicita a tódolos conductores que circularon pola provincia, xa que considera que nesta mellora ‘tivo moito que ver o seu civismo e respeto ós demais e ós sinais de tráfico’.

    O subdelegado indicou que nesta Operación Especial de Semana Santa, a Garda Civil de Tráfico observou en tódolas vías, e en especial nas estradas secundarias unha diminución da velocidade media. Non así, nos controis de alcoholemia, sendo a zona de Sanxenxo onde os conductores deron máis positivos. Delfín Fernández chamou a atención tamén da relaxación dalgúns conductores en traxectos curtos e puxo o exemplo do accidente de Baión.

    Redacción Salnés