Noia acolle este domingo a primeira das probas da Liga Galega de Sendeirismo

NOIA> Esta mañá presentábase no Concello unha nova edición das rutas de sendeirismo que organiza o Club Trabandainas.

A proba terá lugar este vindeiro domingo 25 de febreiro, e volverá a formar parte da Liga Galega de Sendeirismo que promove a Federación Galega de Montañismo, prevéndose unha alta participación.

A proba estará dividida en dous percorridos, un de 25 quilómetros, de dificultade media-alta, e outro de 15, de nivel medio.

Unha das principais novidades será o cambio de trazado. Este ano a organización decidiu apostar por paisaxes máis rurais, afastando da costa, incluíndo o paso pola central hidroeléctrica do Tambre.

O peche de inscricións terá lugar este xoves 22. Para máis información as persoas interesadas poden consultar a propia web de Trabandaianas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí