Comeza a remodelación da lonxa pobrense

    POBRA> O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou as obras de remodelación integral da lonxa da Pobra do Caramiñal.

    Acompañado do alcalde, Isaac Maceiras, e o patrón maior, Manuel Maneiro, ademais doutras autoridades a nivel local, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, comprobou a marcha das obras de remodelación integral do edificio da lonxa pobrense que acaban de iniciarse. Os traballos, cuxo financiamento asume ó 100% o departamento autonómico, ascenden a máis de 315.000 euros. Ademais da reparación das fisuras e humidades que presenta o edificio, as obras incluirán tamén a ampliación do volume de oficinas. O alcalde valorou moi positivamente esta actuación, que vén a dar resposta a unha solicitude trasladada polo sector profesional do mar coma polo propio concello. A actuación, que está a realizar a empresa Atlántica Construciones, terá un prazo de execución de sete meses. Durante este tempo, as obras compatibilizaranse coa normal actividade da lonxa. Redacción Barbanza {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/04/portosinicioobraslonxapobra041013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/04/portosinicioobraslonxapobra041013.mp4{/flowplayer}