O Partido Popular presenta o seu candidato á alcaldía de Moraña

    moraa_110407__100.jpgPONTEVEDRA > 24 anos. Ese é o tempo que leva gobernando o PSOE no concello de Moraña. Agora, dende o PP queren romper…

    …esta inercia e presentan a súa candidatura neste concello. Trátase dunha cara coñecida para os veciños da zona: Arturo García Sanmartín, ata agora portavoz municipal do PP en Moraña.

    O novo candidato do PP á alcaldía de Moraña ten 52 anos, está casado e ten dous fillos. A súa profesión e a da mestre. Arturo García Sanmartín é a nova aposta do PP para intentar acadar o goberno de Moraña. Segundo os populares, despois de máis de dous decenios de goberno socialista, as xentes de Morana piden cambio. Nesta candidatura conxúganse a experiencia dende fai máis de doce anos na oposición coás caras novas que apotan mocidade a este proxecto.

    Unha nova etapa tanto para o partido como para o candidato. Un ciclo marcado pola ilusión e o traballo deste equipo. Nas dous últimas eleccións os resultados do Partido Popular foron mellorando e agora aspiran a que Moraña teña o goberno que merece. Un goberno marcado pola necesidade, según Sanmartín, de máis políticas sociais. A resposta…o vindeiro 27 de maio.

    Redacción Salnés