Preto dun cento de inscritos na Travesía a Nado de Porto do Son

    PORTO DO SON> Este mércores presentábase a Travesía a Nado Concello de Porto do Son. A proba terá lugar este próximo sábado na praia de Coira en Portosín, a partir das once e media da mañá. Off praia de Coira en Portosín volverá a acoller este sábado unha nova edición da Travesía a Nado organizada polo concello de Porto do Son. Como en anos anteriores a proba estará incluida no Circuito de Augas Abertas da Federación Galega de Natación. As incricións poderán realizarse ata mañá xoves, ás oito da tarde, a través do correo electrónico deportesdoson@gmail.com. Á falta de varios días xa hai unhas 70 persoas inscritas, e dende a organización confían en superar o centenar de participantes.