![]()
A POBRA> Así o reflicte un informe do Ministerio de Economía que deu a coñecer a agrupación socialista pobresa.
Os socialistas de A Pobra quixeron facer público un dato que segundo afirman reflicte con total claridade o desolador panorama económico do municipio.
Segundo un informe do Ministerio de Economía e Facenda, que se pode consultar na páxina web deste organismo, o concello de A Pobra, no ano 2008 tiña unha débeda viva de tres millóns trescentos cinco mil euros, o que o sitúa como o segundo municipio máis endebedado do Barbanza e no posto trinta e cinco de os trescentos deza e seis concellos galegos.
{flowplayer}barbanza/psoepobradebedaviva.flv{/flowplayer}
Dende o partido socialista pobrés salientan que a pésima xestión do alcalde Isaac Maceiras está a levar ao fracaso económico ao municipio. Critican, ademáis a actitude do rexedor que, aseguran, non pon vontade para correxir a situación.
A voceira socialista lembrou que os gastos de persoal representan máis do corenta e catro por cento da partida de gastos dos orzamentos e a pesar disto, di, o cadro de persoal séguese incrementado en base a criterios clientelares e amiguistas.
Fronte a isto, sinalou Teresa García a poboación de A Pobra descende de xeito alarmante, polo que no futuro é previsible que o concello reciba menos subvención por parte das administracións centrais e autonómica.
Redacción Barbanza










