A Pobra avanza na rexeneración ambiental do seu bordo litoral

A POBRA> A subdelegada do goberno na provincia da Coruña visitou esta mañá as obras de rexeneración do bordo litoral na praia do Areal, na Pobra. Trala demolición das naves industriais procederase a achegar area a este espazo para a recuperación do seu carácter natural.

A subdelegada do goberno na provincia da Coruña, María Rivas, acompañada polo Xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, tivo ocasión de supervisar as obras de rexeneración da fachada marítima da Pobra. Na actualidade xa se procedeu á demolición das antigas fábricas para recuperar o carácter natural da zona que discorre en paralelo á praia dos Areos.

Inserto

A intención do concello é seguir a avanzar na recuperación de todo o bordo litoral polo que o alcalde trasladoulle á subdelegada a posibilidade de retirar tamén o actual paseo marítimo recuperando a zona do areal que no seu día foi obxecto dun recheo.

Esta actuación, orzamentada en 400 mil euros, virá complementar o proxecto de rexeneración das marismas no que o Ministerio de Transición Ecolóxica investiu 1’7 millóns de euros para a retirada de preto de 30 mil metros cúbicos de area e a restauración da vexetación en máis de 10 mil metros cadrados de superficie.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí