![]()
PONTECESURES > Pontecesures conta cunha nova guía turística que distribuirá polas oficinas e feiras de turismo. Como complemento creouse …
… tamén a nova web municipal, www.pontecesures.org.
O Concello de Pontecesures presentou hoxe dúas iniciativas pensadas para darse a coñecer máis aló das súas fronteiras. Unha delas é esta guía da que se editaron 5 mil exemplares que se distribuirán entre tódolos veciños e en diversas feiras e oficinas de turismo fóra de Pontecesures. Trátase dunha guía gráfica con fotografías de Víctor Mejuto, Anxo García Abalo e Antonio Verdés, acompañadas de escolmas de diversos poetas.
A outra ferramenta promocional é a web municipal. Tecleando www.pontecesures.org os veciños poderán consultar información do Concello como a do PXOM, ou actos culturais programados e axudas. O turista pode ver fotografías de Pontecesures e incluso trazar rutas para achegarse a coñecer este municipio. Ambas iniciativas foron financiadas pola Dirección xeral de Turismo.
Redacción Salnés







