Os produtos da Mancomunidade vinculados ao Camiño acadan os 5,5 millóns de usuarios en redes sociais

CAMBADOS> As campañas de promoción turística da Mancomunidade do Salnés, vinculadas ao Camiño, superaron os 5 millóns e medio de alcances nas redes sociais no 2021. Ademais, tódolos produtos vinculados ao produto ‘A orixe de tódolos Camiños’ chegaron a 12.000 axencias de viaxes. Uns resultados que superan tódalas expectativas e que animan ao organismo comarcal a seguir impulsando distintos xeitos de promoción. O próximo desafío, xa a vindeira semana, co seu desembarco en Fitur.

Os dinstintos produtos que compoñen o paquete ‘A orixe de tódolos camiños’ baten tódalas marcas. A través das distintas campañas postas en marcha ao longo do 2021 logrouse un alcance en redes sociais que superou os 5 millóns e medio. Entre esas accións, a visita do popular instagramer Gontzo, a participación da Mancomunidade na Fairway ou campañas específicas en redes. O resultado, di a presidenta comarcal, superou tódalas expectativas.

Na Mancomunidade salientan tamén que este tipo de campañas permiten dar no cravo, con estratexias adaptadas aos perfís sobre os que se pretende impactar.

Tralos bos datos do pasado ano, a Mancomunidade encara o camiño para a promoción turística neste 2022. A primeira parada, xa a vindeira semana, é Fitur. Ademais, estrearán un novo vídeo promocional con Floreano e Monchiña como protagonistas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí