SALNÉS> O centro conectará por videoconferencia coa unidade de ictus do CHUS para tratar ós pacientes con esta doenza.
{flowplayer}images/salnes/VIDEOCONFERENCIA SALNES.flv{/flowplayer}
Grazas á telemediciña, o centro comarcal e a unidade de Ictus do Policlínico de Santiago, a única de toda Galicia, compartirán pacientes, datos e probas. A través de videoconferencia, os pacientes con trombose cerebral, poderán ser atendidos polo equipo especialista do Doutor José Castillo. Neste momento, o tratamento só se administra en Santiago. Con este sistema, os médicos de urxencias do Salnés tratarían ó paciente antes, para despois envialo ó CHUS.
O sistema é pioneiro en Galicia, aínda que xa se practica en hospitais comarcais de Barcelona e Baleares. Para que entre en funcionamento no Salnés, só faltan as licencias administrativas. O equipo de urxencias do Hospital do Salnés só porá en marcha este procedemento para os casos de pacientes con ictus cerebrais susceptibles de recibir tratamento. Sen embargo, non descartan a posibilidade de amplialo a outras patoloxías nun futuro.
Redacción Salnés