VILAGARCÍA> Esta mañá clausurouse a terceira edición do obradoiro promovido pola Mancomunidade do Salnés. Setenta desempregados menos na comarca do Salnés. É o balance máis destacado que esta mañá facían desde a Mancomunidade na clausura do terceiro Plan Emprega Salnés. Dos cen participantes que se formaron nos últimos dez meses, setenta xa lograron atopar un posto de traballo, e tres máis non podían asistir hoxe á entrega de diplomas por estaren en entrevistas para aspirar a un contrato. Nesta edición a Mancomunidade impartiu cursos de materias moi variadas, como informática, creacións de blogs, contabilidade ou manexo de minipalas. Contidos que esperan seguir ampliando e modificando en función das necesidades formativas dos participantes. Ademais dos 35 talleres, nestes dez meses o ‘Emprega Salnés III’ incluíu tamén 19 cursos e máis de 260 accións de atención individualizada. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/29/empregasalnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/29/OBRADOIRO_EMPREGO_SALNES.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas






