VILAGARCÍA > Laia Sanz, en A, e Verónica Miguens, en B, encabeza a clasificación nacional de Trial Feminino, tras gañar na primeira proba de Xiabre …
… na primeira proba do Campionato de España disputado este domingo en Xiabre.
Primeira vez que Vilagarcía acolle unha proba do Campionato de España de Trial Feminino e o club local e organizador, o SQeM, fixo historia da man da piloto vilagarciá Verónica Miguéns. Fíxose coa vitoria na categoría B feminina nesta primeira proba do campionato nacional, disputada o domingo no Monte Xiabre. Verónica subiu ó máis alto do podio por diante de Clara Genovés e Cristina González. A piloto vilagarciá mantivo unha gran regularidade ó longo da proba e de momento encabeza a clasificación nacional nesta categoría.
Laia Sanz, espectacular
Na categoría sénior feminina non houbo sorpresas e a sete veces campiona do mundo a catalá Laia Sanz, do RACC, subiu á cima do podio tras unha competición perfecta. Por detrás e con bastante presión tivo á recente subcampiona de España, Carla Calderer pero uns leves erros impedíronlle facerse coa vitoria. A guipuscoana Maddalen Aizpurúa quedou terceira. En Xiabre tamén se disputou a Copa de España de Trial de Clásicas, cunha participación duns 80 pilotos con monturas de máis de 50 anos de antigüidade totalmente restauradas. En Trialeiros gañou José Manuel Jiménez Pérez, na categoría Pre 72 foi Martí Font, mentres que en Pre 77 recaeu en Agustí Vila. Carlos Casas, foi o vencedor en Expertos e en Máster impúxose Alfredo Gómez.
Redacción Salnés