Tres campionatos mundiais de loita traerán 1.800 persoas ata Pontevedra no mes de outubro

PONTEVEDRA> Pontevedra prepárase para volver converterse nunha das capitais mundiais do deporte. Desta volta, da loita. Entre o 10 e o 23 de outubro a cidade acollerá os campionatos do mundo de Grappling Ji, Grappling sub 17, sub 20 e absoluto e do mundial sub 23 de loitas olímpicas. Calcúlase que a cita traerá ata Pontevedra a preto 1.100 deportistas de 80 países.

Pontevedra prepárase para converterse no mes de outubro na capital mundial do deporte da loita. A cidade acollerá ata tres citas relacionadas con esta disciplina: entre o 10 e o 13, será o mundial absoluto de Grappling Ji; os campionatos de Grappling sub17, sub 20 e absoluto serán os días 14 e 15. Finalmente, do 17 ao 23 celebrarase o mundial sub23 de oitas olímpicas.

O Pavillón Municipal será o escenario escollido. Ademais instalaranse tres carpas detrás do edificio para os adestramentos e quecementos dos deportistas. Tamén se empregará o Recinto Feiral: alí os loitadores realizarán as pesaxes e xantarán. Participarán uns 1.100 loitadores de 80 países.

Non haberá representación rusa nin bielorrusa na cita. A invasión de Rusia en Ucraína levou á United World Wrestling a vetar a súa participación. Ausencia que favorece aos deportistas españois.

Dende as federacións aseguran que tanto Galicia como España son unha potencia no Grappling.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí