Mecos, Vilaxoán, Cabo de Cruz e A Pobra irán ó Galego de Bateis

bateisvilaxoan100_170407_001.jpgVILAGARCÍA > Mecos e Vilaxoán foron os grandes protagonistas no Campionato Territorial Sur de bateis, que se celebrou …

… esta fin de semana no porto vilaxoanés. Os clubs arousáns conseguiron clasificar a sete tripulacións para o galego, que se disputa a vindeira semana en Meira. No Territorial Norte, Cabo de Cruz clasificou cinco embarcacións e A Pobra unha.

Mecos logrou catro prazas para o Campionato Galego e estará representado na categoría promesa e absoluta de féminas e en cadetes, xuvenís e sénior. Pola súa parte, Vilaxoán terá unha embarcación en promesa e outra en infantís masculino, que se engaden á de féminas sénior clasificadas directamente pola falta de embarcacións na Territorial Norte. A decepción foi Amegrove que, por primeira vez en moito tempo, non participará con ningún barco no autonómico.

Foi o resultado do Territorial Sur que se disputou o sábado e o domingo no porto de Vilaxoán. En féminas dominou a embarcación de Vilaxoán, sobre Chapela, e Samertolameu. En absoluta, clasificáronse os cinco barcos, entre eles o de Mecos que foi cuarto. Na categoría infantil, gañou Robaleira, seguido de Vilaxoán, e repetiu victoria na de cadetes, por diante de Mecos. Chapela gañou en xuvenís, Meira foi segundo e Mecos terceiro. Os grovenses lograron a victoria en sénior, logrando tamén un pase ó Autonómico Meira, Cesantes e Coruxo. En canto ó Territorial Norte que se disputou na Pobra, os anfitrións só clasificaron unha soa embarcación, mentres que Cabo de Cruz irá con cinco ó Galego.

Redacción Salnés