Poio Pescamar e Grupo Junquera inician a temporada

SALNÉS> Arranca a competición no futbol sala. Tanto o Poio Pescamar como o Grupo Junquera debutan na casa. Os vilagarciáns na casa o sábado ante o Cidade de Narón mentres que as da Seca recibirán o domingo ó Chaboyme tinerfeño.

Arranca a temporada na Segunda División Nacional femenina e coma sempre o Poio Pescamar aspira a todo. Volverá a militar no Grupo IV e desta volta debutarán ante un equipo canario, o Chaboyme de Tenerife, un pefecto descoñecido que o ano pasado milataba no Grupo I.

As vermellas, logo de completar un boa pretemporada, acudirán ó encontro sen baixas. Marcio poderá contar con tódalas súas xogadoras, incluíndo as seis caras novas: tres procedentes do Leis Pontevedra, Yoli, Elena e Irene; Sara, que formou a temporada pasada no Olivo en Superliga femenina, ademais de Sandra e Cecilia que regresan á entidade.

O Poio tentará comezar con bo pé a temporada e sumar os tres puntos. Vaino ter que facer nun horario pouco habitual. Se normalmente xogan os sábado ás 18 horas, desta volta faranno o domingo ás 12:00 a petición do conxunto visitante.

O que sí xogará no seu horario habitual é o Grupo Junquera (sábado, 17 horas), que afronta o primeiro encontro da tempoarada en Fontecarmoa ante o Cidade de Narón. Os vilagarciáns tamén debutaron ante este rival a tempoarada pasada e foron que de superalo por 1-0.

As caras novas, no banquiño e o plantel, e as dificultades polas que atravesou o club no último ms de setembro, pode que dificultaran a preparación do bloque de cara a este inicio ligueiro. A permanencia volve a ser o principal obxectivo.

Redacción Salnés