Nando Casal presenta unha candidatura con ‘capacidade de goberno’

    presentacionnandocasal100_230307.jpgCATOIRA > En Catoira xa coñecemos a lista completa do BNG. O candidato á alcaldía Nando Casal recibiu o respaldo unánime de militantes …

    … e simpatizantes para unha candidatura composta por once persoas, seis delas mulleres. Casal destacou a gran capacidade de traballo e xestión de tódolos seus compoñentes.

    Representativa das catro parroquias, igualitaria, e con capacidade de goberno. Así define a súa lista Nando Casal, candidato á alcaldía de Catoira polo BNG. Unha candidatura ademais aprobada por unanimidade pola militancia e simpatizantes do BNG e que segundo Casal levará o cambio a Catoira. O cabeza de lista destaca a grande presenza de mulleres que ocupan seis dos once postos. Tamén fala da gran capacidade de traballo e de xestión das persoas que o acompañan nestas eleccións, algo fundamental, di Nando Casal, xa que seguramente ‘nos tocará gobernar’.

    O líder do BNG quixo destacar o feito de ser o primeiro en presentar a lista en Catoira e, sobre todo, que dous membros da súa candidatura fosen chamados posteriormente polo PSOE para ir na súa. Do grupo municipal actual, Nando Casal só rescata a Xan Castaño Conde, como número cinco, e Fernando Rial Cespón, de número 7. Arancha Sumay vai de número 2, Margarita García, de 3 e Xosé Manuel Otero de 4. A candidatura conta con 8 suplentes, o que segundo o BNG demostra o gran apoio que están a ter entre a sociedade de Catoira.

     Redacción Salnés