O Est. Otero volve de Cataluña con dúas derrotas

tenisdemesa250_251109.jpgSALNÉS> Non foi unha boa xornada para o Establecimientos Otero que caeu no seu dobre desprazamento a terras catalanas. No derbi de Primeira Nacional, o Monteporreiro impúxose ó Caixanova Cambados.

Mala fin de semana para o Establecimientos Otero que sumou dúas derrotas noutros tantos encontros no seu desprazamento a Girona.

O primeiro partido enfrontáballes ó L’Escala e a piques estiveronde gañalo. Desperdiciaron unha vantaxe clara de 1-3 para perder finalmente 4-3. Junhui e Eduardo Barreiro cumpliron e realizaron un gran partido. Adrián Vidal estivo algo máis frouxo e non puido puntuar.

Menos igualado foi o encontro ante o Figueres co que caeron por 4-2 e no que tan só Junhui soubo gañar os seus partidos. Barreiro e Vidal perderon os seus compromisos por 3-0 ante o forte equipo catalán.

Así as cousas, son séptimos na xeral, con dúas victorias en cinco encontros aínda que con menos partidos disputados que os seus predecesores. A semana que ven, dobre desprazamento outra vez a terras catalanas, a Barcelona para xogar ante o líder Calella e o Falcons de Sabadell.

Por outra banda, en Primeira Nacional o Monteporreiro levouse a victoria de San Tomé tras vencer ó Caixanova Cambados por 2-4. Os pontevedreses conitnúan líderes tras demostrar unha gran superioridade sobre o seu rival. Cos mesmos puntos que o pirmeiro camiña o Liceo Casino, aínda que cun partido máis xogado, que esta xornada gañou o Gigia e ó Oviedo por 2-4 en ambos casos.

En Primeira Nacional femenina o Caixa Galicia caeu co Temegal Coruña por 4-3 nun partido moi axustado en tódolos seus parciais.

Mentres, nas divisións autonómicas, en Primeira, o Grupo Barros venceu no duelo local ó Charol Complementos por 2-5 e o Joyería Enrique 4-3 ó Médica Ourense. En Terceira Galega o Chinelas gañou por 2-5 ó Cinania Veteranos.

Redacción Salnés