Rianxo concluirá este mes o saneamento en Foxacos que dará servizo a 37 vivendas

RIANXO> O alcalde de Rianxo supervisou as obras de saneamento no lugar de Foxacos. A actuación, que está a piques de concluír, dotará deste servizo ás 37 vivendas da aldea. Trátase dunha obra financiada pola Deputación da Coruña cun orzamento próximo ós 150 mil euros.

Nun prazo de tres semanas concluirán os traballos para dotar de rede de saneamento á aldea rianxeira de Foxacos. A actuación, enmarcada no Plan Único da Deputación da Coruña, dotará deste servizo ás preto de corenta vivendas da aldea.

Precisamente as peculiaridades orográficas do lugar obrigaron a optar por diferentes solucións. As vivendas máis dispersas conectáronse á rede xeral mentres que o núcleo principal disporá deste sistema de depuración autónomo.

Unha vez concluída esta obra, o concello licitará a primeira fase do saneamento no lugar de Burés; un paso máis no camiño cara o saneamento integral do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí