![]()
PONTEVEDRA> O presidente da Deputación, Rafael Louzán, recibiu esta mañá, o presidente de SOGAMA, Luis Lamas.
{flowplayer}images/salnes/SOGAMA.flv{/flowplayer}
Durante o encontro Louzán e Lamas analizaron as dificultades polas que está a pasar Sogama, cunha débeda de 14 millóns de euros. Destes, o 61% pertence á provincia de Pontevedra. Débedas contraídas por determinados concellos, especialmente o pontevedrés e da mancomunidade do Morrazo. O presidente de Sogama, Luis Lamas, denunciou que o concello de Pontevedra debe más de 3millóns de euros.
Pola súa parte, Rafael Louzán afirmou que dende a Deputación estase a por tódolos esforzos para entaboar un diálogo fluído entre os concellos e Sogama para beneficiar ós cidadáns, así como á propia empresa. Así, Louzán afirmou que se está a crear o primeiro consorcio provincial.
O presidente da Deputación declarou que é necesario unha sensibilización da población en canto a recollida selectiva. Segundo os datos, en Pontevedra sitúase nun 7,5%. En caso de duplicarse o aforro chegaría ós 3 millóns de euros.
Redacción Salnés








