Luciano Sobral diríxese con paso forte a pola súa cuarta lexislatura consecutiva

    luciano_17.04.07_100.jpgPOIO > O candidato do BNG en Poio, Luciano Sobral, presentou hoxe a súa candidatura que conxuga…

    …caras novas e experiencia. A primeira meta desta lista: acadar un concelleiro máis que nos últimos comicios e chegar ós 10 representantes no Concello. Luciano Sobral presentou a lista que loitará por acadala cuarta lexislatura consecutiva para os nacionalistas de Poio. Este concello é un dos municipios da comarca que rexistra máis crecemento.

    Moita xente moza elixe cada vez máis este municipio para vivir. Aparte das obras acometidas nesta lexislatura, Luciano Sobral afirmou que aínda quedan importantes empresas como o centro cultural de Raxo, a praza da granxa en Campelo ou o porto deportivo de Combarro que verán a luz durante os vindeiros catro anos se os veciños lle dan o seu apoio unha vez máis.

    Redacción Salnés