A composición do novo goberno local de Pontevedra xa é unha realidade

    lorescasal_100_310707__still_001.jpgPONTEVEDRA > Esta mañá o alcalde, Fernández Lores, e primeira tenente de alcalde, Teresa Casal, fixeron públicas as diferentes áreas

    … de goberno que haberá na cidade e ós seus responsables. Na rolda de prensa tamén se dixeron os membros da xunta de goberno que está conformada polos nacionalistas César Mosquera, Guillerme Vázquez e Raimundo González e polos socialistas Antonio Louro e Jose Antonio García Lores. Sen embargo o alcalde falou do interese da corporación de que tódolos membros poidan asistir á xunta de goberno local sempre que poidan para manter a cohesión.

    No tocante ás áreas de goberno tódolos membros serán responsables dunha. Todos menos Miguel Vázquez Plaza, que substituirá á nacionalista María Xesús López e que se lle outorgará a delegación especial de Cemiterios, Montes e Xestión Territorializada tras incorporarse no próximo pleno. Polo momento son 8 as áreas existentes e 3 as delegacións especiais outorgadas. Casal encargarase da área de Urbanismo, e Mosquera seguirá coa Ordenación do Territorio e co novo PXOM.

    No PSOE, Antón Louro encargarase da economía , García Lores de Persoal e Réxime de Interior e Margarita Castejón dirixirá Benestar Social, Educación e Vivenda. Da área de Deportes encargarase a nacionalista María dos Anxos Ribeiro, de Protección Cidadá, Guillerme Vázquez e de Medioambiente Urbano e Facenda, Raimundo González.

    Esta mañá tamén se desvelou a creación de tres delegacións especiais, a de Servizo e Medio Ambente Natural dirixida pola socialista Celia Alonso, a de Servicio de Viais e Obras no Rural en mans do tamén socialista Jose Manuel Valcárcel e a de Servicio de Cultura e Universidade presidida pola nacionalista María Dolores Dopico.

    Mañá levarase a cabo por fin a primeira comisión de goberno do bipartito.

    Redacción Salnés