O Tiro ó Pichón non se celebrará na Toxa porque o campo non é legal

    reuniontiropichon100_160407_002.jpgPONTEVEDRA > O campionato do Tiro ó Pichón do Grove ten posibilidades mínimas de celebrarse en xullo, segundo o director xerente do Resort Hesperia …

    … La Toja que participou na reunión mantida esta mañá na Subdelegación do Goberno en Pontevedra. E é que o campo de tiro da Toxa está inhabilitado pola dirección xeral da Garda Civil ó non cumprir o regulamento de armas. A resolución é firme desde setembro do ano pasado, xa que os organizadores non o recorreron.

    reuniontiropichon200_160407.jpgSegundo explicou Delfín Fernández, desde o ano 2000 se lle vén advertindo ós organizadores do campionato de tiro ó Pichón da Toxa que tomen medidas para que se axuste á legalidade. Tanto a Subdelegación provincial como a comandancia da Garda Civil de Pontevedra afirman que entenden a importancia desta proba e por iso lle buscaron un emprazamento alternativo e legal, o campo de golf da Toxa. Esta opción foi desbotada polos representantes do grupo Hesperia, xa que os responsables das instalacións non estarían dispostos a acotar temporalmente parte do campo para o tiro ó pichón. Tamén se lles propuxo levar o campionato fóra da Toxa pero tamén o descartaron por razóns de loxística.

    Redacción Salnés