Os socialistas da Illa homenaxean ós seus primeiros militantes

    manuelvazquez_100_010507.jpgA ILLA > Máis de duascentas persoas se deron cita hoxe no Cine Capitol da Illa para rendir homenaxe ós primeiros militantes socialistas…

    …da vila, censados fai 75 anos. No acto participaron, ademáis dos familiares dos homenaxeados, o alcalde de A Illa Manuel Vázquez, e o deputado Domingo Tabuyo, así como representantes dos grupos socialistas de todo o Salnés.homenaxeailla_200_300407.jpg

    Corría o ano 1932 cando se censaron como tal os primeiros militantes do partido socialista na Illa. Para conmemorar eses 75 anos de vida, o PSOE illense celebrou un acto no Cine Capitol, ó que acudiron máis de duascentas persoas. O acto alternou o son da gaita de Óscar Ibáñez coa lectura de poemas de ilustres socialistas coma Miguel Hernández, a cargo de Lola Folgar, e Domingo Tabuyo, deputado nacional e poeta.

    Recordo

    O alcalde de A Illa, Manuel Vázquez, fixo un percorrido pola historia do partido na vila e as reivindicacións lideradas polo socialistas, desde a loita contra os foros e o dezmo do mar ata a máis actual loita conta os depósitos de Ferrazo ou o Prestige.

    O acto finalizou coa lectura dos nomes dos 48 homes que inauguraron no ano 1932 o censo de afiliados ó partido socialista da Illa, ó que o auditorio respostou cun emocionado aplauso. Os seus nomes, recollidos nunha placa, ocuparán de agora en diante un lugar de honra na sé do PSOE illense.

    Redacción Salnés