Este vindeiro domingo dispútase a XX edición da Volta ciclista ó Salnés

rafaellouzan_100_010507.jpgRIBADUMIA > A vixésima edición da Volta ó Salnés pechará este vindeiro domingo o Gran Premio Deputación de Pontevedra para ciclistas

…de élite e sub-23. Esta proba é a oitava das dez que compoñen a Copa de España, que retorna ás estradas galegas logo de cinco anos de ausencia.voltaosalnes_200_010507.jpg

Este domingo celébrase a vixésima edición da Volta ciclista ó Salnés, unha carreira que sirve de peche ás cinco probas que forman o Gran Premio Deputación de Pontevedra para corredores elite e sub-23. Ademáis, a Volta ó Salnés, constitúese como a oitava proba da Copa de España, que regresa ás estradas de Galicia logo de cinco anos de ausencia. A saída está prevista para o  domingo ás 10 da mañá, e os corredores percorrerán uns 145 quilómetros.

Na selección de equipos hai seis galegos; O Frisonoble, o Supermercados Froiz, o Muralla Romana de Lugo, o PSA Vigo Autronic, o Estradense Hierros Diego e o Spol Caixanova.

Promoción

A alcaldesa de Ribadumia, sé de saída e meta desta Volta ó Salnés, mostrou a satisfacción do concello por poder colaborar na organización desta proba. Tamén o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou a importancia desta proba para a promoción da bisbarra do Salnés e garantiu o apoio da Deputación a iniciativas de fomento do deporte coma ésta, e tamén aproveitoiu para agradecer a colaboración e institucións e empresas.

Durante a presentación da proba, a Deputación agasallou ós dez ciclistas galegos gañadores da Volta ó Salnés ó longo da súa historia. Finalmente, todos posaron para unha foto de recordo ás portas do consistorio ribadumiense.

Redacción Salnés