Cambados elaborará máis de 80 menús solidarios de nadal para as persoas máis necesitadas

CAMBADOS> Cambados preparará unha menú solidario de nadal para as persoas en situación de vulnerabilidade do municipio. Empresas e restaurantes colaboran para que as máis de 80 persoas que se atopan nesta situación poidan gozar dunha boa cea de nadal. Protección civil encargarase de repartir casa por casa estes menús.

O concello de Cambados non se esquece das persoas que peor o están pasando nestes momentos. Para que toda a vila goce dunha boa cea de nadal, cinco restaurantes cambadeses prepararán un menú solidario para as persoas máis necesitadas.

Ademais destes restaurantes, numerosas empresas colaboraron para poder cociñar este menú de nadal. As marcas que cederon os seus produtos son: avícola de Galicia, Terra de Asrorei, Linamar, Versos, Conservas Cermar e o supermercado Froíz.

En total son 50 familias, máis de 80 persoas, as que recibirán este menú solidario de nadal. Protección civil encargarase de repartilo en cada vivenda.

Os restaurantes xa están elaborando un menú que se repartirá mañá a partir das 11 da mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí