![]()
VILAGARCÍA> De media gastarán uns douscentos euros. Un orzamento lixeiramente inferior ó do ano pasado.
{flowplayer}images/salnes/PREVIA_COMPRA_REIS.flv{/flowplayer}
A pesares da choiva, estes días os vilagarciáns ultiman as compras de Reis nos diferentes establecementos da vila. A estampa desta tarde eran as rúas ateigadas de xente, bolsas e paraugas en man e os accesos á vila con grandes atascos para poder entrar. Este ano, tal e coma nolo comentaban gastarán unha media de douscentos euros.
E regalos para tódolos gustos e tódalas idades. No caso dos máis cativos, o gasto medio dos xoguetes rolda os cento vinte euros. Aínda que este ano, na maioría dos casos o orzamento é menor, mesmo algúns van agardar ás rebaixas para facer as últimas compras.
Pero todos, tanto nenos coma maiores terán que agardar ó día de reis para abrilos regalos que lles deixaron os paxes reais ó carón da árbore.
Redacción Salnés








