Concello e UXT asinan o catálogo de postos de traballo

    firmacatalogo100_020507.jpgVILAGARCÍA > Os traballadores do concello de Vilagarcía contan xa cun catálogo dos seus postos de traballo. O alcalde …

    … Javier Gago e mailos representantes do sindicato UGT asinaron esta mañá o documento. Ambas partes destacaron que é o primeiro catálogo e que poderá ser revisado.

    O catálogo foi subscrito polo alcalde e pola concelleira delegada de persoal María Araújo, e máis polo presente e secretaria do Comité de Empresa, polo presidente da Xunta de Persoal e pola representante de UXT na mesa de negociación. Unha vez firmado o documento ten que ser aprobado polo pleno e logo abrirase o período de exposición pública e de presentación de alegacións.

    O documento consensuado entre goberno local e UXT, prevé 249 postos, dos cales 233 verían incrementado o seu complemento específico. Por exemplo, un policía local tipo tería 143 euros máis ó mes, un auxiliar administrativo, entre 79 e 94, e un operario, entre 77 e 92. En xeral suporía unha subida na masa salarial superior ós 300.000 euros.

    Redacción Salnés