SOS Sanidade volve ás rúas de Vilagarcía na defensa da atención presencial

VILAGARCÍA> Volven as mobilizacións en defensa da sanidade pública. A próxima, o vindeiro mércores. A da comarca do Salnés será diante do centro de saúde de Vilagarcía. Denuncian a escasa atención presencial na atención primaria e recortes en persoal a todos os niveis. tamén queren amosa-lo seu rexeitamento á nova Lei de Saúde de Galicia.

A Plataforma SOS Sanidade Pública volve mobilizarse. O colectivo sae de novo á rúa con mobilizacións en varios puntos de Galicia de xeito simultáneo o vindeiro mércores. Na comarca do Salnés vai ter lugar en Vilagarcía, ás portas do Centro de Saúde. O BNG e a CIG amosaron hoxe o seu apoio ás concentracións, denunciando de novo recortes en persoal e unha forte carga asistencial.

Para o BNG, un dos grandes problemas a día de hoxe é a falta de atención presencial, a consecuncia da chegada da covid.

Insisten en que a comarca leva moito tempo arrastrando as mesmas eivas. Poñen como exemplo a polémica ambulancia.

A convocatoria tamén servirá para amosa-lo seu rexeitamento á nova Lei de Saúde de Galicia, contra que o Goberno Central acaba de interpoñer un recurso de inconstitucionalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí