RIBADUMIA > Compromiso, participación e transparencia. Estes son segundo Salomé Peña, os eixes principais da súa xestión …
… e así llo fixo saber a un auditorio cheo a rebosar durante a presentación da súa candidatura. Os populares quixeron deixar claro que con Salomé Peña de alcaldesa houbo un cambio radical no xeito de gobernar o Concello de Ribadumia.
Segundo cheo no auditorio de Ribadumia desde a súa inauguración hai unha semana. Nesta ocasión medio milleiro de persoas acudiron á presentación da candidatura do PP ás municipais, encabezada por Salomé Peña. Un equipo que confía de novo no actual equipo de goberno: Rafael Louzán, Berto Vázquez, Lidia Álvarez, e Luís Amable. A aspiración dos populares é conseguir o 27 de maio un escano para José Jorge Abal e Francisco Serantes, que lles permitirían recuperar a maioría absoluta.
O equipo de Salomé Peña afirma que nos últimos seis anos conseguiron un cambio radical no xeito de gobernar o Concello. Afirman que atrás deixaron 18 anos de dictadura, en referencia ós anos e goberno con José Ramón Barral á fronte, e que volve a presentarse ás municipais cos Independentes. Rafael Louzán, presidente provincial do PP e número dous na lista de Salomé Peña pediu incluso ós veciños que non se fiaran del.
Peña repasou os logros acadados na última lexislatura, destacando o auditorio, a piscina, a urbanización de Santa Eulalia ou o pavillón de Sisán, co mérito, lembrou Louzán de non ter presuposto nos últimos 4 anos e pese ós atrancos da oposición. Salomé Peña non esqueceu o traballo realizado pola candidatura que tivo nas eleccións pasadas e tivo un agasallo para cada un. Ademais dos veciños contaron co apoio doutros alcaldes e candidatos populares do Salnés e tamén do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda.
Redacción Salnés