![]()
VILAGARCIA> O Concello de Vilagarcía anunciou este mércores por onde arrancará o novo ciclo de peonalización do centro da cidade. O proxecto aínda debe ser definido, aínda que dende o concello afirman que esperan que sea unha realidade a partir do ano que ven.
A praza de Galicia será o primeiro espazo a peonalizar dentro do novo plan de humanización das rúas e prazas que pretende levar adiante o goberno de Alberto Varela.
Con esta nova ordenación da cidade calquera persoa poderá trasladarse dende a Vistaalegre ata a praza da Constitución, coa seguridade de que os únicos vehículos cos que poderá atoparse serán os dos servizos públicos ou emerxencias.
O proxecto aínda está por definir pero dende o consistorio esperan poder executalo en 2017.
Despois desta primeira fase poderán vir outras, nas que como xa se dixo irán conectando as novas areas peonís coas xa existentes.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/22/peonalizacion_vilagarcia_centro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/22/peonalizacion_vilagarcia_centro.mp4{/flowplayer}








