Deputación e Concello investirán 368.000€ na mellora do campo da Reiboa

campoherbapoio100_100507.jpgPOIO > A provincia de Pontevedra podería estrear a vindeira tempada 52 campos de fútbol de herba artificial. Un deles, o da Reiboa, …

… en Poio. O Concello e mailo organismo provincial asinaron hoxe o convenio de colaboración.

campoherbapoio200_100507.jpgDeputación de Pontevedra e Concello de Poio investirán 368 mil euros para dotar de herba artificial o campo de fútbol da Reiboa, na Seca. Rafael Louzán asinou esta mañá o convenio co alcalde Luciano Sobral que permitirá, ademais do novo céspede a instalación dun xogo de porterías de fútbol 11, dous de fútbol 7 abatibles, un xogo de bandeirolas de córner, bancadas para suplentes, un marcador e 200 asentos.

Tanto a construcción como o posterior mantemento será financiado por ambas administracións, nun 75 por cento pola Deputación e o restante 25 por cento polo Concello. A actuación enmárcase no proxecto da Deputación para fomentar e facilitar o deporte base. Xunto con este campo de Poio, para a vindeira tempada entrarían en funcionamento un total de 52 en toda a provincia.

Redacción Salnés