Mecos lévase a II Bandeira Porto de Vilagarcía

remo250_080408.jpgVILAXOÁN > O porto de Vilaxoán acolleu esta fin de semana a II Bandeira Porto de Vilagarcía de bateis, no que foi unha estupenda tarde para a práctica do remo. Mecos impúxose en categoría masculina mentres que Chapela levouse a bandeira nas féminas.

Houbo tanta loita como se agardaba dende un principio. A II Bandeira Porto de Vilagarcía, significaba o último test antes do Campionato Territorial desta vindeira semana.

En categoría masculina a bandeira foi a parar a mans de Mecos, despois de que se tivera que decidir todo na proba senior, na que chegaron con opcións Robaleira e Vilaxoán, a tan só un punto dos grovenses. Vilaxoán impúxose na primeira tanda pero o seu tempo non foi demasiado bo e iso relegoulles ó final á duodécima posición. Os Mecos foron segundos, tan só por detrás de Meira, polo que non tiveron problemas para levarse a bandeira. Outros grovenses, Amegrove, foron undécimos.

Nas mulleres Chapela impúxose ó club de Vilaxoán por tan só un punto, despois de ser terceiras en infantil-cadete e segundas en xuvenil-sénior.

Ademais do bo ambiente que se pudio vivir nas inmediacións do Porto, por alí estiveron a alcaldesa de Vilagarcía, Dolopres García que presidíu a entrega de trofeos acompada por Xosé Castro Ratón. Tamén estivo Javier Gago, responsable do porto, entidade patrocinadora da regata.

Esta fin de semana chegará a grande cita, o Campionato Territorial que dará acceso a catro embarcacións de cada categoría ó Campionato Galego. As probas disputaranse este sábado e domingo en augas da Ría da Vigo en Chapela. A categoría raíña, masculina senior, prevese moi igualada; as quinielas otorgan certo favoritismo a Meira, Mecos e Náutico de Vigo.

Redacción Salnés