O lume destrúe as oficinas da fabrica CHARPO S.A. en Vilanova

    incendiocabo_100507__100.jpgVILANOVA > Os veciños de Vilanova foron testemuñas hoxe do incendio das oficinas da empresa CHARPO S.A. Unha nave que no seu…

    …tempo foi un cocedeiro de mexillón e que agora despois dunha intervención xudicial o concello cede á escola de vela. A pesar do fogo non houbo que lamentar víctimas mortais.

    Eran as doce e media do mediodía cando os veciños de Vilanova se deron conta de que a fabrica de Charpo S.A. no cabo estaba a arder. As labores de extinción continuaron ata as dúas da tarde. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais aínda que toda a documentación que se gardaba neste lugar ardeu.

    Estas instalacións pertencían a Charlín e actualmente estaban intervidas pola xustiza e foron cedidas polo Concello á escola de vela da vila que ten neste emprazamento varias embarcacións. Ó final todo quedou nun susto.

    Redacción Salnés