Raxó terá a súa Casa da Cultura a mediados de 2008

    lucianosobralanxelabugallo_100_100507__still_001.jpgPOIO > O Concello e a Consellería de Cultura asinaron o convenio polo que o departamento autonómico destinará 700.000 euros a esta construcción.

    Unha vella reivindicación que por fin se fai realidade. Así resumía este momento o alcalde de Poio, Luciano Sobral, que relatou os problemas que houbo que pasar ata chegar a este momento. Sen embargo, unha vez asinado o convenio, esperan comeza-las obras de inmediato para que a casa da cultura estea rematada a mediados do ano que ven.

    En total a obra custará un 1,3 millóns de euros, dos que a consellería porá 700 mil. O Concello adiantará as anualidades previstas para os vindeiros anos de xeito que se poida rematar canto antes e comezar un intenso programa de actividades.

    Redacción Salnés