Unhas 700 persoas participarán na andaina de Noia deste domingo

NOIA> Esta mañá presentábase en Noia a primeira das probas da Liga Galega de Andainas para este ano 2025.

A cita, que terá lugar este vindeiro domingo 23 de febreiro, está organizada polo Club Trabandainas, e forma parte tamén da Liga Ibérica de Sendeirismo.

A proba, de dificultade media, estará dividida en dúas lonxitudes, unha de 25 quilómetros e outra de 15, con saída prevista as nove da mañá dende o instituto de San Alberto.

Dende o Concello, que tamén colabora coa proba, animan a participar nela, ben sexa na distancia lnga de 25 coma na curta de 15.

As inscricións estarán abertas ata este xoves 20 de febreiro a través da web de cronocheck. Dende a organización agardan unha participación dunhas 700 persoas.